Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Maratón de orquestras en Rioaveso

    Vilalba 2013 - Festas de San Xorxe en Rioaveso - cartelAs festas máis importantes de Rioaveso xa están preparadas para achegar á localidade vilalbesa unha proposta festeira completísima. Durante tres días de festa achegaranse a Rioaveso un total de sete orquestras, catro das cales actuarán o venres.

    Porque se xa é raro poder gozar de tres orquestras nunha única sesión, catro xa son todo un luxo. E se ademais cada unha das formacións musicais achega algo diferente que o resto, a festa e a variedade están aseguradas.

    A orquestra DELIRIO estará acompañada por GRAN CASINO, un nome que revive de novo no panorama verbeneiro de Galicia, a orquestra CANADÁ, coas súas novas propostas para 2013, e o mítico grupo AMÉRICA. Un completo programa para a primeira xornada de festa.

    O sábado serán dúas das orquestras con máis renome dentro das consideradas "clásicas". A TRÉBOL e LOS SATÉLITES, dous nomes míticos dentro da verbena galega, serán as encargadas da verbena do sábado.

    Para rematar, o domingo será a orquestra XACOBEO, que afronta o seu segundo ano de vida.

    Se vai mal tempo, haberá carpas no campo da festa e, ademais, o problema de aparcar non será inconveniente pois haberá un aparcadoiro gratuíto para máis de 2000 coches.

    É un luxo contar con catro formacións musicais nunha mesma noite. Ademais o resto de días a festa está garantida. Desde logo o cartel de Rioaveso é un dos máis completos da temporada.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook