Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Macrofesta en Donas

    Israel Espectáculo 2013 - orquesta - cartelNovo cartel promocional da orquestra Israel Espectáculo, que actuará esta noite en Donas, Gondomar, con outras tres formacións musicais

    Se xa é pouco habitual a participación de tres orquestras nunha noite de verbena (e cada vez menos usual debido á crise), atopar catro formacións xa é todo un acontecemento. E iso é o que acontecerá esta noite en Donas (Gondomar) onde celebran o Festival de Primavera da man de catro formacións musicais ben coñecidas: o espectáculo do grupo D'MODA e os repertorios 100% verbeneiros de ISRAEL ESPECTÁCULO, PASSARELA e TROVADORES son as propostas festeiras para este ano. Nada menos que catro orquestras e grupos para unha noite que permitirá bailar ata a madrugada.

    O comezo de temporada é a primeira toma de contacto das orquestras co público e onde van presentando as novidades nos repertorios, postas en escena, montaxes e cambios nos planteis de músicos e cantantes. Así a orquestra ISRAEL, a PASSARELA e o grupo D'MODA presentan novidades, sobre todo nas dianteiras, e TROVADORES tamén algunha no cadro de músicos, cunha formación de metais poderiamos dicir que única, e a aposta da formación musical fronte a outras que apostan máis polas montaxes e as postas en escena.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook