Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Agosto
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Macrofesta en Castelo un ano máis

    Culleredo 2014 - Festas de Castelo - FotoCastelo acolle este venres a súa noite grande, con churrascada e actuación estelar de Panorama e Claxxon. Foto: festascastelo.com

    A churrascada popular e a verbena de seis horas de duración centran o programa da noite máis festeira do ano en Castelo

    A localidade de Castelo, en Culleredo, acolle un ano máis as súas festas. Actividades lúdicas e festivas que irán tendo lugar ao longo dos próximos días aínda que, sen dúbida, o acto central das celebracións en Castelo é a churrascada e posterior verbena á que acoden milleiros de persoas.

    Por experiencia propia, estes últimos anos a asistencia a Castelo na súa noite grande é máis que masiva. Caravanas de quilómetros para entrar nunha festa que cada vez ten máis adeptos e que esta temporada contará, por cuarto ano consecutivo coa mediática orquestra PANORAMA e a estrea do grupo CLAXXON despois de causar unha inmellorable impresión nas festas de Vilaboa, no mesmo concello. Por Castelo xa pasaron formacións musicais como MARBELLA, CICLÓN, VERSALLES ou EL COMBO DOMINICANO o ano pasado.

    Sen dúbida unha das datas a ter en conta no calendario festivo da comarca e unha das de máis concorrencia de festeiros. Por algo será... boa festa!

    Culleredo 2014 - Festas de Castelo - cartel 2

    TODA A INFORMACIÓN DAS FESTAS DE CASTELO NA WEB: festascastelo.com

    Culleredo 2014 - Festas de Castelo - cartel 1

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook