Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Macrocita en Lugo

    Lugo Macrofestival 2010 Alfa3 cartelO próximo venres ten lugar unha cita inescusable para os festeiros; no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo cinco orquestras amenizarán a presentación anual de Alfa3.

    O vindeiro venres é o día do macrofestival anual no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Despois do rotundo éxito da edición anterior, a organización decidiu facer daquela cita un evento anual e intentar repetir as cifras de participación de 2009 ou, a poder ser, melloralas.

    Lugo Norte Espectáculos e Alfa3 Producciones organizan o Macrofestival presentación de orquestras para a nova temporada 2010. Desta volta actuarán as seguintes formacións musicais por esta orde: orquestra TROPICANA de León, SUAVECITO ORQUESTA, LOS PLAYER´S, a orquestra viguesa TANGO e por último ISLA,  en dous pases cada unha que comezarán ás 21:00 horas e rematarán en torno ás 05:00 da madrugada.

    Haberá servizo de bar e restaurante a cargo do popular bar "Bigotes" e un menú composto por empanada, churrasco, sobremesa, pan e bebida (15 €). A entrada á festa é gratuíta.

    E se queremos ser solidarios tamén temos oportunidade de facelo neste encontro festeiro de Lugo: Pódese doar 1 € de forma voluntaria. O que se recade será destinado á organización SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI e o seu programa "Vacaciones en paz", que trae todos os anos a Galicia a cerca de 1.000 nenos saharauis a pasar dous meses de vacacións.

    O pasado ano o macrofestival de Alfa3 congregou a máis de 4.000 persoas entre as que se atopaban sobre 100 representantes artísticos e máis de 150 comisións de festas. Este ano quérese superar a cifra, e de seguro que se conseguirá. Coa festa do venres a axencia inaugura oficialmente a nova temporada con algunhas novidades importantes como a incorporación dalgunhas orquestras procedentes doutros representantes ou mesmo a posta en marcha de novas formacións musicais como ALASKA ou GRAN CANARIA entre elas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook