Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Lydia Salar: unha ausencia curta

    Orquesta Panorama - 2010 - 0067 - DenaLydia Salar nunha actuación da orquestra Panorama en 2010 / © Foto roxegar 2010. Todos os dereitos reservados

    Boas noticias para os seguidores de Lydia Salar. A cantante volve a formar parte, temporalmente, da orquestra PANORAMA. Dunia Santana, actual vocalista (terceira temporada na orquestra) causa baixa e o seu lugar será ocupado pola que ata hai poucos meses foi a súa "compañeira de batalla". É unha moi boa noticia por ambas partes, pois a marcha de Dunia é debida ao seu estado de embarazo e iso provoca a volta da vocalista de LA NUEVA VECINA, Lydia Salar Escribano, á formación musical.

    A noticia dábase hoxe na Festa da Uña no barrio de San Lázaro, onde PANORAMA cerra un ano máis as celebracións da barriada compostelá. En semanas a orquestra PANORAMA volverá a presentar nova vocalista, aínda que desta volta é unha "vella coñecida". A dianteira feminina de PANORAMA pasará a estar formada por Lydia Salar e Daira Monzón durante unha boa temporada.

    Costa Oeste - 2010 - 009 - RianxoDunia Santana nunha actuación da orquestra Costa Oeste en 2010 / © Foto roxegar 2010. Todos os dereitos reservados

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook