Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Septiembre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    "Lydia maravilla", baixa definitiva en Panorama

    Orquesta Panorama - 2010 - 0022 - Presentación Xira do Xacobeo - 20100219

    Fotografía de Lydia Salar Escribano, na súa presentación en 2010 en Galicia para formar parte da orquestra Panorama, ata 2012 / © Foto: roxegar 2010

    Aínda que xa quedou claro, á súa volta, que a fichaxe de Lydia Salar en PANORAMA 2013 era unha substitución con data de finalización, non deixa de causar certa expectación a baixa da cantante na orquestra.

    A artista, que chegou en 2010 á formación musical, anuncia a baixa xa efectiva e o seu regreso a Valencia. Os motivos "seguen a ser os mesmos que en decembro de 2012" e, segundo a artista "necesita un descanso definitivo".

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 25

    Lydia Salar estivo na dianteira da afamada formación musical durante tres temporadas seguidas ata que a finais de 2012 anunciou a súa marcha. Na temporada 2013 comezaron xira Dunia Santana e a nova incorporación, Daira Monzón. O embarazo de Dunia provocou a súa baixa da orquestra e Lydia volveu, de forma provisional, a estar na cabeceira da orquestra. Agora, finalmente, faise efectiva a súa marcha. A próxima semana poderemos publicar a nova fichaxe feminina de PANORAMA.

    Moita sorte a Lydia Salar nos seus próximos proxectos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook