Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Lugo "arde" de novo co Arde Lucus 2012

    Lugo 2012 - Arde Lucus - cartelCartel promocional do Arde Lucus 2012

    É unha das citas festivas máis importantes de Lugo e a súa contorna. Cunha programación moi orixinal e apartada das celebracións populares típicas, o Arde Lucus rexistra cifras de asistencia comparables ao mesmo San Froilán.

    Unha década pasou xa dende que Lucus Augusti comezou a arder de novo. Dez  anos de intensa historia, na que o Arde Lucus medrou grazas ás ilusións, á ledicia e ao bo humor de todas as persoas que, dun modo ou outro, participan nesta festa. Co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego, conseguido na súa décima edición, a cidade enteira se prepara para volver revivir, un ano máis, o seu esplendoroso pasado.

    Batallas entre celtas e romanos, circus romano, vodas romanas, o embruxo da queimada, bacanais, olimpíadas, desfiles e un longo etcétera de actividades que retrotraerán no tempo a cidade de Lugo ata o tempo dos romanos...

    Máis información e todo o programa detallado para os días 22, 23 e 24 de xuño na páxina oficial do evento: www.ardelucus.com

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook