Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Lugo: antes do San Froilán, a Milagrosa

    Poceiro 2009 - orquesta - cartel

    O barrio lugués da Milagrosa abre as festas anuais coa orquestra Poceiro

    Porque en Lugo non só existe o san Froilán, algúns barrios da cidade tamén teñen as súas festas propias, como é o caso da Milagrosa. No entorno dos xardíns que levan o mesmo nome celébranse as festas durante estes días.

    As festas abríronse hoxe coa actuación da orquestra POCEIRO liderada indiscutiblemente polo mestre Miguel Torres, un dos artistas que máis anos leva subido a un palco. O que fora voz principal na orquestra COMPOSTELA segue desde hai varias temporadas a súa carreira na POCEIRO apoiado por Luis Rey, a outra voz masculina.

    O venres haberá, entre outras actividades, exhibición de mascotas e bailes de salón na praza da Milagrosa. O Trío MURALLA e a orquestra COSTA DORADA amenizarán a verbena.

    Xogos populares, maxia e o Gran Premio Ciclista Milagrosa son o máis destacado do sábado. A verbena estará amenizada pola orquestra SAUDADE 73.

    O domingo será a última verbena a cargo da formación musical FANTASÍA. Haberá outras actividades como o concerto a cargo da BANDA DE MÚSICA DE LUGO ou unha queimada popular, á parte dos tradicionais actos relixiosos con procesión.

    E o luns rematan as festas con actividades para os máis pequenos da casa e unha gran chocolatada.

    A un mes do Sa Froilán, en Lugo hai antes outras propostas festeiras, desta vez na Milagrosa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook