Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Luar na Lubre, prato forte das patronais de Ribeira

    Ribeira 2011 - Festas de Santa Uxía - cartelHoxe domingo e mañá luns celébranse as "festas pequenas" en Ribeira. Son as patronais pero non teñen a forza (nin o orzamento, todo hai que dicilo) das Festas do Verán que teñen lugar a principios de agosto, nin da Dorna (en xullo). Con todo, o día 12 de setembro é festivo local en Ribeira (Santa Uxía) e sempre trae consigo actos festivos.

    Durante estes dous días haberá pasarrúas, xogos populares, maxia, xogos infantís, un concerto de DJs no Malecón, o Festival de Danza Mariñeira, actos relixiosos e a actuación do grupo folk LUAR NA LUBRE na Praza de España (Rueiro). Con esta celebración pónselle punto final ao calendario festeiro na capital do Barbanza.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook