Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Últimos cambios de imaxe da temporada

    Algunhas orquestras están a presentar estes días as súas novas imaxes de cara á xira 2010. Algúns dos afiches que faltaban por saír esta temporada xa están a ver a luz. Orquestras e grupos de todos os estilos traballan para que o nome da formación musical sexa coñecido en toda Galicia, e o cartel da orquestra tamén é importante.

    ORQUESTRAS

    orquesta-armonia-show-2010-cartel-dianteira

    ARMONÍA SHOW: Desde hai uns días temos xa o novo cartel da orquestra canaria ARMONÍA SHOW. Presenta a próxima semana a súa nova xira por Galicia. No cartel desaparecen os músicos e quedan só os cantantes, aínda que isto nos fai sospeitar que poida haber outro cartel coa orquestra ao completo. Imaxe moi vistosa e moderna que choca un pouco co tipo de orquestra á que representa, aínda que se o que se quere é dar unha imaxe de forza, conséguese de sobra.

    orquesta-delirio-2010-cartel

    DELIRIO: Nova imaxe tamén para a orquestra DELIRIO. Un cartel que se aparta dos típicos moito máis clásicos. A formación musical ofrece un repertorio moi completo con temas clásicos e de lucimento vocal xunto a outros máis desenfadados onde chegan a participar todos os compoñentes.

    orquesta-nova-palma-2010-cartelNOVA PALMA: A orquestra de Corcubión tamén presenta nova imaxe despois de acometer unha renovación profunda no seu cadro de músicos e cantantes. Das fichaxes de Iván e Iria xa demos conta no seu día en Festa a Festa. Na imaxe preséntase a cada membro da orquestra formando un mosaico rectangular e no centro de novo os tres integrantes da dianteira.

    orquesta-pontevedra-2010-cartel

    PONTEVEDRA: A orquestra pontevedresa presentou onte mesmo o seu novo cartel. Do anterior no que aparecían nun cadro os retratos de todos os compoñentes e unhas mans femininas colgando a composición pasamos a unha imaxe totalmente distinta. En primeiro plano todos os integrantes da orquestra e detrás do nome a ilustración dunha ponte que nos lembra a que cruza o Lérez na cidade da que a orquestra toma o nome. O uso das cores combinando o nome da orquestra coa vestimenta dos compoñentes dálle un toque moi elegante, que é o que se quere transmitir: orquestra elegante con repertorio de baile.

    orquesta-salsa-rosa-2010-cartel

    SALSA ROSA: Tamén nos faltaba por presentar o novo afiche de SALSA ROSA. Na orquestra onde seguen destacando as mulleres hai este ano dous únicos cambios na dianteira. Tamén hai cambios importantes na páxina web, máis actualizada e con novos deseños nos seus apartados.

    orquesta-venezia-2010-cartel

    VENEZIA: A orquestra VENEZIA presenta novidades a esgalla. Cambio de compoñentes, renovación de repertorio. Nova páxina web que estará lista en breve e, como non, novo cartel. Composición moi colorista e vistosa, sempre destacando o Z de VENEZIA como marca de distinción fronte ao resto.

    GRUPOS

    grupo-formula-4-2010-cartel

    FÓRMULA 4: Un nome a ter en conta nesta temporada 2010. Manoele de LIMÓN preséntanos o seu novo proxecto. Sen desvincularse da súa anterior formación pero desaparecendo do cadro de músicos e cantantes, esta é a nova aventura do famoso cantante e músico. Igual que a súa formación irmán, FÓRMULA destacará por distinguirse por repertorio e interpretación do resto de grupos de verbena.

    grupo-ilusion-2010-cartel

    ILUSIÓN: Composición moi vistosa e de gran colorido a nova imaxe do grupo. Distintas  montaxes dos seis compoñentes conforman un todo colorista que dá unha visión global de modernidade que se quere transmitir tamén ao grupo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook