Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Agosto
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Últimas propostas verbeneiras de María Pita 2013

    Alarma 2013 - orquesta - cartelA orquestra coruñesa Alarma Band ofrece esta noite a última verbena das festas de María Pita no barrio da Sagrada Familia

    As festas coruñesas de María Pita chegan ao seu punto final esta fin de semana. Hoxe venres a orquestra ALARMA ofrecerá a última verbena na denominada "pista verde" da Sagrada Familia, aínda que esta non será derradeira proposta musical das festas do verán na cidade.

    Mañá e o domingo, como cada ano, terá lugar a tradicional Romaría de Santa Margarida no parque co mesmo nome. Os fogos artificiais poñerán na noite do domingo o punto final á romaría e ás festas María Pita 2013 mais haberá unha novidade importante: a tradicional verbena que nestes últimos anos levou ao parque a orquestras de renome como MARBELLA, CHARLESTON BIG BAND, EL COMBO DOMINICANO, FILADELFIA ou PANORAMA, foi substituída por un concerto ofrecido polo grupo ferrolán LOS LIMONES, que actuarán no auditorio ao aire libre do parque coruñés.

    As festas deste ano na Coruña caracterizáronse pola grande asistencia de público a todos os concertos e verbenas, especialmente as actuacións en María Pita de FANGORIA e MALÚ así como o Noroeste Pop Rock, máis en forma ca nunca.

    Felices últimas horas das festas na Coruña!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook