Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Los Satélites abren as segundas festas de Pravio

    Cambre 2012 - Festas de San Bartolomé en Pravio - cartelSe a orquestra PANORAMA era a encargada de abrir as festas do San Xoán en Pravio no mes de xuño, desta volta para o San Bartolomeu outra grande pasará pola localidade cambresa: LOS SATÉLITES. Despois da tradicional churrascada a orquestra coruñesa ofrecerá o seu repertorio de música de baile ata altas horas da noite de venres.

    Pero a festa continúa durante a xornada do sábado e o domingo: ALASKA e VERANO AZUL serán as orquestras que amenizarán tanto a sesión vermú como a verbena nocturna. En Pravio están de sorte este ano, pois non todos estes anos pasados, nin moito menos, puideron gozar das súas dúas festas. Nalgún ano, incluso, non se celebrou con verbena ningunha das dúas. Por iso este ano desquítanse con tres días de festa en cada unha das celebracións e a participación para o "día grande" de dúas das consideradas mellores orquestras do momento.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook