Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Lodairo rebenta en festas

    Olympus 2012 - orquesta - cartelO novo espectáculo da orquestra Olympus, 'El futuro comienza hoy', será o primeiro en chegar a Lodairo (Carballeda de Avia), onde actuarán sete orquestras e grupos ata o próximo luns

    A localidade de Lodairo, en Carballeda de Avia, celebra as festas da súa patroa por todo o alto. Durante catro días pasarán sete formacións musicais polo campo da festa. A edición 2012 das festas á Virxe de Lodairo comezaban esta noite de venres cunha gran sardiñada e a actuación da orquestra OLYMPUS, con novo espectáculo, acompañada dunha discoteca móbil.

    Para a xornada de sábado espérase a actuación da orquestra PARÍS DE NOIA, que chega despois de actuar en Arteixo na Festa das Flores, e estará acompañada polo grupo pontevedrés TRIUNFO.

    Para o domingo contarase coa orquestra PHILADELPHIA e o grupo LA OCA; e a orquestra SINTONÍA DE VIGO será a encargada, en solitario, de poñer o punto final ás celebracións relixiosas máis importantes da zona. Un gran cartel para os tempos que corren.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook