Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Lesa comeza hoxe as súas festas patronais

    orquesta-olympus-2011A orquestra Olympus acompañada do grupo Tekila abre dentro dunhas horas as populares festas de Lesa

    A localidade de Lesa, en Coirós, pode ser famosa por moitas cousas, pero entre todas elas destacan sen dúbida as súas festas. As celebracións na parroquia do concello de Coirós atraen cada ano a centos de persoas para gozar da gastronomía e da boa música.

    O grupo asturiano TEKILA e a afamada orquestra OLYMPUS serán os encargados do día grande de 2011 en Lesa. A música escoitarase ata altas horas da madrugada. Na segunda xornada será a orquestra MIRAMAR a  responsable da verbena, e para o domingo aínda haberá música en sesión vermú a cargo dun trío musical.

    En Lesa están dispostos a que as súas festas sigan a ser referencia na comarca.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook