Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Lariño vai polo segundo asalto

    Fany Suárez (foto) xunto con Jenny Vicente son as dúas novas voces de Metrópolis

    A localidade de Lariño, en Carnota, celebrou o San Martiño a pasada fin de semana, pero só a medias. O forte vento do sábado obrigou a suspender a verbena nocturna e trasladala a outro día: mañá sábado día 19.

    Aínda que as previsións non son moito mellores que na pasada fin de semana, Lariño celebrará mañá a súa segunda xornada festiva a cargo de METRÓPOLIS e MASTER, dous grupos que están dando moito que falar e moi boa festa.

    NOTA DE PRENSA

    Información en relación coas festas na honra a San Martiño, en Lariño, Concello de Carnota.

    A verbena do Sábado, 12 de novembro, queda aprazada por causa do forte vento. O sábado, 19 de novembro, teremos unha gran festa infantil, con inchables gratuítos para os rapaces e a verbena nocturna, estará amenizada por METRÓPOLIS e MASTER. Contaremos cunha gran carpa.

    Comisión de festas De San Martiño de Lariño, Concello de Carnota.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook