Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Lamprea en Pontecesures, e hoxe en Palco de Estrelas

    Pontecesures 2012 - Festa da Lamprea - cartelCartel promocional da XVII Festa da Lamprea do Ulla, en Pontecesures

    Como vén sendo habitual cada ano por estas datas, semana arriba semana abaixo, estamos entrando na fin de semana de celebración da Festa da Lamprea de Pontecesures. E como vén sendo habitual tamén, cada ano, o programa de Radio Valga Palco de Estrelas, conducido por Daniel Seijas, abondará hoxe nos detalles da festa que está a piques de comezar. Iso e moito máis, como cada xoves...

    Hoxe xoves 22 de marzo, aproximadamente sobre as 22.30 horas, coma xa é habitual, dende o ano 2006, presentarase e promocionarase a Festa da Lamprea do Ulla, no programa Palco de Estrelas, que se emite en Radio Valga 107.4 FM, a emisora lider de audiencia no Val do Ullán. Nesta ocasión, no programa dirixido e presentado por Daniel Seijas, “subiranse” ao palco radiofónico para dar conta das actividades relacionadas con esta celebración gastronómica, os concelleiros do goberno cesureño Dona Cecilia Tarela e Don Roque Araújo. Ademais, coma sempre, soará a mellor música das orquestras e bandas de musica galegas, artistas iberoamericanos, concursos, axenda festeira, chamadas en directo e moito máis ata as tantas da madrugada.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook