Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    La Guardia, Budiño, Rosa Cedrón e Dover, pratos fortes en Ribeira

    Orquesta Ismael 2012 - cartelA orquestra Ismael actúa hoxe xoves en Ribeira acompañada por Odisea aínda que cada unha en distintas prazas

    As Festas do Verán de Ribeira xa están aquí e traen a diversión e o baile ata o próximo luns. A capital do Barbanza xa está tomada, literalmente, polas atraccións de feira que ocupan toda a fronte marítima que vai desde as dependencias do porto ata o Malecón, onde se instalarán os escenarios das orquestras. O famoso actor galego Rubén Riós deu onte o pistoletazo de saída desde o balcón da Casa do Concello ribeirense a un programa cargado de actividades e música para todas as idades.

    En canto ás atraccións de feira hai algunhas novidades como a instalación da noria Sánchez, non a grande pero si de altura considerable, e a nova atracción Disco Loco. Tamén hai novidades nas atraccións infantís, que fan que o recinto feiral ribeirense siga a ser un dos máis completo de Galicia.

    En canto ás orquestras, este ano nótase a falta das consideradas "máis grandes de Galicia" con cambio de axencia incluído. Aínda así pasarán pola localidade do Barbanza grandes nomes da verbena galega como MARIMBA, o grupo AMÉRICA ou a reflotada ISMAEL, que actuarán no Paseo do Malecón. Hoxe venres tamén estará nas festas a orquestra ODISEA actuando no Parque García Bayón.

    Na praza da lonxa tamén haberá discoteca móbil e na praza de España despregarán o seu repertorio artistas como ROSA CEDRÓN, RECAMBIOS TUCHO, BUDIÑO ou, o venres, o considerado prato forte das festas: DOVER, nomes que reforzan o apartado de concertos en Ribeira.

    As Festas do Verán comezaban onte mércores coa actuación da orquestra TANGO no Malecón e o concerto de LA GUARDIA, que acolleu moito público de todas as idades. Hoxe continúa o programa coas orquestras ODISEA e ISRAEL ESPECTÁCULO.

    O desfile de carrozas, xogos infantís, a sesión pirotécnica do sábado, pasarrúas, grupos de gaitas e unha exposición dun artista local, entre outras actividades, completan o programa de festas en Ribeira. Ademais, desde a Concellería de Cultura presentan o programa A fiestra da Cultura que complementa as festas da capital barbanzana.

    O luns haberá descontos importantes nas entradas das atraccións de feira para despedir as festas ata o vindeiro ano.

    Podes consultar o programa completo: FESTAS DO VERÁN 2012 EN RIBEIRA

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook