Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    La Bámbola e Panorama actúan esta noite en Cerceda

    La Bámbola 2012 - orquesta - postal dianteiraDianteira da orquestra La Bámbola 2012

    A festa está asegurada esta noite en Cerceda. Ao espectáculo PLANET TOUR 2012. La gira del Sol, da orquestra PANORAMA súmaselle a actuación de LA BÁMBOLA. Moitas son as novidades que ofreceran ambas formacións musicais. Repertorios totalmente novos para este ano con novas montaxes (e incluso novo escenario no caso de LA BÁMBOLA) son as mellores bazas coas que xogan as orquestras.

    Un espectáculo case sen igual no seu estilo, no caso de PANORAMA conxugarase coa "nova" formación de Vilagarcía de Arousa, un repertorio moito máis moderno e actualizado, sen deixar a música de baile, para tocar todos os estilos verbeneiros e contentar a todos os tipos de píublico. LA BÁMBOLA estará este ano presente en moitas festas nas que non acostumaba a actuar por localidades das catro provincias galegas. En palabras do responsable, LA BÁMBOLA "estará presente en localidades de toda Galicia, incluso en moitas onde nunca tocou a orquestra".

    Unha moi boa combinación de música de espectáculo con música de baile e que inclúe "todos os paus da baralla" farán da festa de Cerceda unha cita moi esperada e con asistencia multitudinaria.

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 10O Magic Tour 2012 de Panorama chega esta noite a Cerceda

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook