Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    La Bámbola 2012, preparada para o novo tour

    Orquesta La Bámbola 2012 - Making off aficheA grandes trazos así quedará o novo afiche de La Bámbola

    Orquesta La Bámbola 2012 - foto A orquestra LA BÁMBOLA vén cargada de novidades para a nova temporada 2012. Os compoñentes da formación musical (os de sempre e as novas incorporacións) estiveron traballando recentemente nunha sesión de fotos para a elaboración da nova imaxe da orquestra de Vilagarcía que presenta xa o seu novo cartel promocional da man de LA COCINA FILMS. Novo afiche, nova montaxe e arranxos no escenario e, sobre todo, cambios no repertorio para ofrecer un traballo máis completo son as principais novidades da orquestra LA BÁMBOLA para esta nova temporada.

    Como adianto, presentamos hoxe en Festa a Festa o making off da sesión fotográfica; a orquestra está xa preparada para levar a cabo a nova xira 2012. Moita sorte!

    Orquesta La Bámbola 2012 - foto escenario O escenario da orquestra La Bámbola presentará, tamén, novidades para a nova temporada

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook