Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    La Bámbola 2012 chega con forza

    La Bámbola 2012 - orquesta - cartelNovo cartel promocional da orquestra La Bámbola. Pronto estará dispoñible a páxina web 2012

    Como anunciabamos hai uns días, a orquestra LA BÁMBOLA xa ten nova imaxe. A renovación no cartel adianta outros cambios na formación musical, como a fichaxe dalgún músico e cantante e a incorporación estrela de Álvaro Méndez (vocalista de TRÉBOL).

    Tamén hai cambios no escenario e na montaxe, e repertorio novo. Ademais, a orquestra quérese adaptar a todos os públicos ofrecendo algúns temas máis modernos e dedicados á xente nova, para poder traballar outro tipo de festas e así poder tentear todo tipo de festas. A orquestra traballará en 2012 por practicamente toda Galicia, pois nalgunhas festas nas que nunca estivo, este ano contarán con LA BÁMBOLA nos seus programas.

    A imaxe nova de LA BÁMBOLA é o adianto dunha orquestra que se adapta a todos os tipos de público para poder ofrecer todos os tipos de festa. LA BÁMBOLA 2012 xa está aquí, e con moitoas novidades e sorpresas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook