Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Kerry Varella en Breixa Band 2012

    orquesta-breixa-band-2012-kerry-varella

    Novo proxecto musical para 2012: BREIXA BAND. A verdade é que era un segredo ben gardado pois, a diferencia doutras novas agrupacións musicais das que polo menos se sabía o nome, de BREIXA BAND non tiñamos coñecemento.

    Pois da nova formación verbeneira xa está composta a que será a dianteira: Kerry Varella, Marian Grifasi e outra cantante. O primeiro, ex compoñente de orquestras como MADEIRA, GALÁCTICA, NOROESTE ou a que foi a súa formación en 2011, o grupo ESTRELLA, ten tamén experiencia en grupos rock, a súa verdadeira paixón. Aínda así, Kerry toma moi en serio o seu traballo nas formacións verbeneiras e saca tamén, á parte das súas calidades vocais, a súa faceta de showman, que seguirá mostrando en BREIXA BAND.

    Xunto a el estará Marian Grifasi, ex compoñente da orquestra ALMIRANTES.

    A formación musical completarase cun elenco de experimentados músicos dispostos a ofrecer música en rigoroso directo e que pronto poderemos coñecer. Outro nome para ter en conta en 2012: BREIXA BAND.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook