Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Kate Ryan actuará en Ordes na gala da Panorama

    ordes-iii-gala-contra-o-cancro-2010-kate-ryan-web1

    A responsable dos éxitos do verán en música disco dos últimos anos, KATE RYAN, é o primeiro nome que se sabe fixo para a Gala contra o Cancro 2010 da orquestra PANORAMA, que terá lugar en Ordes o próximo venres 30 de abril. A artista informa do evento na súa páxina web oficial.

    Polo momento non coñecemos máis nomes de artistas ou grupos que formarán parte do cartel da III Gala da orquestra caldense para recadar fondos a favor da loita contra o cancro. Rumoréanse moitos nomes en distintos foros e libros de visitas de blogs e orquestras pero por parte deses artistas ou da dirección de PANORAMA ou Espectáculos Lito non se confirma nin se desmente. A actuación da artista belga en Ordes está confirmada no calendario da súa páxina oficial.

    KATE RYAN é o nome artístico de Katrien Verbeeck, nacida o 22 de xullo de 1980 en Tessenderlo (Limburg - Bélxica). Ata o momento a artista ten no mercado catro CD de estudio e un compilatorio de toda a súa traxectoria musical. É moi coñecida por versionar grandes temas como Desenchantée, Libertine, Voyage Voyage ou Ella Elle L'a. O seu último éxito, polo momento, é Babacar.

    ordes-iii-gala-contra-o-cancro-2010-kate-ryan-detalle-web1

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook