Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Juan Magán, segundo nome para a gala de Ordes

    gala-de-ordes-2010-juan-magan INFORMACIÓN EXCLUSIVA DE FESTA A FESTA E ORQUESTAS.TK

    O DJ catalán JUAN MAGÁN é o segundo nome confirmado para a III Gala contra o cancro organizada por Espectáculos Lito.

    Aproveitando que ten unha actuación na discoteca Hermo de Muimenta, o músico catalán, con tres discos editados e grandes éxitos como o tema Verano Azul, pasará polo escenario da orquestra PANORAMA na gala do día 30.

    Magán, nacido en Barcelona en 1982, é considerado un dos pioneiros do Electro latino; un ritmo que cativa a millóns de seguidores por todo o mundo. Ademais de compoñer, o músico tamén produce e canta. No seu currículo destacan colaboracións con Nelly Furtado, Alejandro Fernández, Juanes ou Paulina Rubio.

    A súa música soará en Ordes xunto coa doutros artistas invitados e os compoñentes de PANORAMA.

    Dispositivo de seguridade

    En canto ao dispositivo de seguridade e de acceso á vila, o Concello xa ten preparado un plan de actuación para a tarde-noite do venres 30. Na autoestrada parece que haberá cinco postos na peaxe para evitar os problemas do ano pasado, onde centos de vehículos se viron atrapados na saída de Ordes e os últimos en acceder á vila levaban atascados varias horas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook