Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Enero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Jessi Santín: nova orquestra e nova web

    orquesta-paris-de-noia-2010-web-jessica-santinPortada da páxina web persoal de Jessica Santín, unha das voces femininas de París de Noia

    A coñecida cantante barcelonesa Jessica Santín vén de estrear nova orquestra, PARÍS DE NOIA, e agora tamén se presenta a súa páxina web persoal por parte do seu club de fans oficial. Está claro que este 2010 marcará un antes e un despois na carreira da coñecida artista.

    Jessica Santín non é novata neste mundo de orquestras. A cantante aterrou hai dúas temporadas en Galicia para formar parte en 2008 da dianteira da orquestra coruñesa VERSALLES xunto con Sanela Ferizovic. Un ano despois pasou a compoñente de CINEMA xunto con Pili Gómez e agora, en 2010, xa está traballando coa orquestra PARÍS DE NOIA xunto con Genma Lareo.

    En canto á súa páxina persoal, contén todos os apartados esperables para coñecer mellor persoal e profesionalmente a Jessi. Apartados de vídeos, actuacións da orquestra, fotografías, etc... achegarannos máis á faceta profesional e outro apartado Así es Jessi, ofrécenos unha pequena enquisa con preguntas para coñecer máis o lado persoal. Ademais tamén haberá un foro operativo.

    A creación e administración da páxina persoal de Jessica Santín é responsabilidade de Jose Eiras, e este é o enderezo:

    http://www.jessicasantin.tk/

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook