Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Jerusalén cerra o Corpus de Ponteareas

    Ponteareas 2012 - Corpus - cartelO Corpus de Ponteareas está declarado Festa de Interese Turístico Nacional

    O recorte importante en Ponteareas para a celebración do seu Corpus, sen dúbida a cita máis importante do Concello, e que eliminou os concertos que xa eran habituais nas festas, non impediu que houbese verbenas na localidade pontevedresa. Moi ao contrario, dúas eran as orquestras que onte animaron a primeira xornada festiva.

    Hoxe, día grande en Ponteareas e festivo local, é a orquestra JERUSALÉN a encargada de cerrar os festexos de 2012 onde as alfombras florais, un ano máis, foron as verdadeiras protagonistas e onde as verbenas toman máis importancia fronte a outras propostas musicais que este ano non se deron.

    A proposta de JERUSALÉN encherá a praza principal da localidade para a coller un completo repertorio onde non só os estilos típicos de verbena teñen cabida. Ademais, a formación musical está estreando a montaxe definitiva que levará para a Xira do X Aniversario durante todo o verán. Unha proposta verbeneira para cerrar un dos Corpus de máis sona en Galicia.

    Jerusalén 2012 - orquesta - cartelA orquestra Jerusalén é a encargada de cerrar as festas máis famosas de Ponteareas

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook