Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Octubre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Iván Gámez cerra etapa en Ciclón

    Grupo Ciclón - 2010 - 034 - RibeiraFáiseme difícil imaxinar a CICLÓN 2013 sen Iván na dianteira, pero así será. Terémonos que afacer a ver o popular grupo compostelán sen unha das súas actuais voces, Iván Gámez, que abandona a final de temporada a banda musical.

    Polo momento non trascendeu a orquestra ou grupo do que formará parte o artista que xa hai anos se baixaba do escenario de OLYMPUS para integrarse nunha nova aventura musical que se foi facendo temporada a temporada, sempre subindo, ata chegar ao que é hoxe, unha das formacións populares máis coñecidas, divertidas e con selo propio que ameniza as nosas festas cada verán.

    Grupo Ciclón - 2010 - 024 - Ribeira Por que hai que recoñecer que aquel humilde grupo musical que levaba na dianteira a Iván Gámez, Noelia García e Uxío Mayo foi un dos que máis éxito foi acadando nas últimas temporadas ata chegar ao que é hoxe. E se ben é certo que actualmente se parece máis a unha orquestra que a un grupo (non leva metais, iso si), a esencia daquel pequeno CICLÓN permanece aínda hoxe e esperemos que así siga sendo, pois aínda sen Iván o grupo debe seguir evolucionando aínda que mantendo a súa esencia como así foi esta temporada a pesar dos grandes cambios, sobre todo na dianteira, xa que as novas incorporacións de Jako Singer e Kristie Jiménez nas voces e os novos músicos souberon manter ese espírito que o fai inconfundible.

    A saída de Iván Gámez coñécese días despois de saberse que Mero Afonso tamén deixará o grupo musical para integrarse de novo na orquestra OLYMPUS despois desta temporada en CICLÓN e do seu paso durante dous anos por ACHÉ.

    Grupo Ciclón - 2010 - 010 - Ribeira© Todas as fotos roxegar 2010

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook