Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Israel Espectáculo: eles

    Orquesta Israel 2012 - David CarrascoDavid Carrasco formará parte da dianteira de Israel Espectáculo

    David Carrasco e Julman Flores, cantantes de Israel Espectáculo

    O nome de ISRAEL vai soar con moita forza en 2012. O plantel de músicos e cantantes é sinxelamente impresionante. Nomes coñecidos de moitos anos no mundo da verbena e algún outro menos soado pero cunha experiencia contrastada, como é o caso de David Carrasco.

    O que será un dos cantantes de ISRAEL ESPECTÁCULO procede de Huelva aínda que xa demostrou en 2010 a súa valía neste mundo verbeneiro como vocalista no prestixioso grupo AMÉRICA SL.

    A outra voz masculina en ISRAEL 2012 será un gran coñecido da verbena, pois son xa moitos anos na dianteira da orquestra TRÉBOL: Julman Flores será a outra voz neste proxecto de grande envergadura no que haberá cinco cantantes na fronte da orquestra, dous homes e tres mulleres.

    E se a dianteira masculina impacta, a feminina non queda atrás... ISRAEL ESPECTÁCULO vai dar moito que falar, e que bailar.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook