Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Israel Espectáculo abre a temporada 2012 hoxe en Taramundi

    Orquesta Israel Espectáculo 2012 - Foto dianteiraVocalistas da orquestra Israel Espectáculo, que comeza hoxe a temporada. De esquerda a dereita: David Carrasco, Tamara Naje, Julman Flores, Tania Iglesias e Noelia Solleiro.

    Se hoxe hai estrea de temporada por parte dunha grande orquestra en Galicia, na veciña Asturias tampouco se quedan atrás e poderán gozar dentro de apenas unhas horas da primeira actuación doutra das grandes; iso si, orquestra galega. Porque ISRAEL ESPECTÁCULO comeza hoxe a súa temporada que a levará por moitos lugares de Galicia e, polo que se ve, tamén das comunidades veciñas.

    Nada menos que catorce profesionais enriba do escenario e unha dianteira das máis completas, con tres voces femininas e dúas masculinas, hoxe en Taramundi comeza unha nova etapa a que fora a mítica orquestra ISRAEL. Obviamente, a remodelación é total, tanto en medios técnicos como humanos. Un impresionante escenario e un plantel de luxo de músicos e cantantes.

    Por se fose pouco, estarán acompañados por outra orquestra galega: LOS SATÉLITES, coa súa nova voz feminina Natalia Méndez. Calidade da mellor para comezar hoxe temporada cun espectáculo en rigoroso directo para todos os públicos. ISRAEL ESPECTÁCULO está de volta para recuperar o espazo (e o tempo) perdido e volver aos primeiros postos da verbena galega. Co equipo técnico e humano co que conta, non vai ser difícil.

    Orquesta Israel 2012 - foto dianteiraPRÓXIMAS DATAS DA ORQUESTRA ISRAEL ESPECTÁCULO

    VENRES 16

    Taramundi (Asturias) con LOS SATÉLITES

    SÁBADO 17

    Barrio das Gándaras (Lugo) con SUAVECITO

    SÁBADO 24

    Restaurante Os paraguas (San Vicente de Vigo - Carral)

    VENRES 30

    Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo con LOS TROVADORES, IMPACTO e MERCEDES BEN PARAH

    SÁBADO 31

    Arcade (Soutomaior) con SUPERFAMA

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook