Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Israel Espectáculo 2012: elas

    Orquesta Israel 2012 - Noelia SolleiroNoelia Solleiro conformará a dianteira feminina de Israel Espectáculo xunto con Tamara Naje e Tania Iglesias Feijoo

    Se na dianteira de ISRAEL ESPECTÁCULO haberá dous homes, tres serán as mulleres que conformarán o apartado vocal da orquestra que está chamada a ser a revelación de 2012.

    É a formación musical nova máis ambiciosa para a axencia Sito Mariño Espectáculos. A orquestra levará cinco cantantes, cinco metais e completará unha formación de 14 músicos e vocalistas no escenario, escenario que, por certo, se está ultimando nos talleres OdL.

    E o nome que deu a coñecer hoxe a axencia de espectáculos completa a dianteira feminina de ISRAEL: Tamara Naje, procedente de GALILEA e ex de orquestras como ISMAEL, PARÍS DE NOIA e SUAVECITO; Noelia Solleiro, procedente de MARBELLA e ex de CHICAS SHOW e CINEMA e Tania Iglesias Feijoo, que volve este ano ás orquestras despois de formar parte nas últimas temporadas ata 2010 da orquestra LEDICIA ESPECTÁCULO, serán as tres vocalistas da nova formación musical.

    Tamén se está completando o elenco de músicos que formarán parte da formación musical, o último deles, El Pollo, que chega desde OLYMPUS. En breve poderemos coñecer a totalidade do cadro de músicos, que contará como arreglista con Julio César García Lemus, procedente da orquestra GALILEA.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook