Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ismael e Suavecito en terras de Porto do Son

    Porto do Son 2011 - Festas en Nebra - cartelAs orquestras Ismael e Suavecito amenizan os dous días festivos en Nebra, Porto do Son

    Nebra, parroquia de Porto do Son que esta fin de semana está de festas. E nada mellor ca iso para programar dúas verbenas con música de primeira liña e estreando un novo campo da festa.

    O sábado chega á localidade a orquestra ISMAEL. Totalmente renovada, a formación musical vai poñer de novo este nome no sitio que se merece e que tiña antes da súa disolución. A orquestra vólvese formar con experimentados músicos e cantantes que toman como base a anterior orquestra LAMAS. O repertorio é moi bailable e para todos os públicos.

    Por outra parte, o domingo é a vez da orquestra SUAVECITO. A formación cambadesa tamén trae novidades en canto a compoñentes se refire. As dúas cantantes son novas. O repertorio de SUAVECITO tamén está enfocado a todos os públicos e trata dunha selección de temas moi elegante. Hai que destacar, tamén, o son da sección de metais, do melloriño do momento; e ademais, a orquestra toca en directo os temas do seu último traballo discográfico La vida es un cambalache, onde por haber hai ata un tango.

    En Nebra a festa está asegurada da man destas dúas orquestras.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook