Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ir de festa e gañar 10.000 €

    A Pontenova 2011 - Festa Aniversario Lugo Norte - cartelStereo Music Show e D'Moda amenizan o Festival Aniversario de Lugonorte o próximo sábado na Pontenova

    Lugonorte, axencia de espectáculos, está de aniversario. Vinte e cinco anos ofrecendo os seus servizos para amenizar as festas de parroquias, vilas, barrios e cidades de Galicia é razón máis que suficiente para celebralo.

    Á parte da boa música que poñerán as formacións musicais D'MODA e STEREO MUSIC SHOW o sábado 29 na praza dos Fornos (A Pontenova) a partir das 23.00 horas, haberá un sorteo ante notario de 10.000 euros, cifra nada común nun sorteo de verbena.

    E tampouco haberá problema co estómago, pois ofrecerase un servizo de bar e restaurante cun menú de 15 € composto por callos, lacón asado, bebidas e sobremesa. Tamén haberá carpa por se o tempo non acompañase, aínda que a predición do tempo parece boa.

    Con servizo de restaurante, boa música e a posibilidade de gañar 10.000 euros a proposta da Pontenova parece que será moi interesante para o numeroso público que se espera congregar para tal celebración.

    Desexámoslle a Lugonorte outros 25 anos, polo menos, de servizo ás comisións de festas para seguir amenizando centos e centos de festas pola nosa xeografía. Feliz aniversario!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook