Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Imaxe renovada para o grupo Océano

    Grupo Océano 2012 - cartelNova imaxe para o grupo pontevedrés Océano

    O grupo pontevedrés OCÉANO renova imaxe tamén para esta nova temporada. Un dos grupos que máis traballou nas dúas pasadas edicións festeiras quere volver a asinar unha boa temporada de actuacións e para iso, o primeiro de todo, é renovar a imaxe. O novo cartel de OCÉANO ofrece unha imaxe moi fresca e optimista con tanto colorido, e transmite esa alegría que ofrece desde o escenario.

    Repertorio moi completo para todos os públicos e implicación total de todos os músicos no repertorio (todos cantan excepto o batería). O grupo OCÉANO está disposto a seguir ofrecendo boas festas. As datas de febreiro xa están dispoñibles e o grupo actuará nalgúns dos mellores Entroidos de Galicia.

    Grupo Océano 2012 - Foto Pablo García (voz)Pablo García, voz principal masculina

    Grupo Océano 2012 - Foto Susy Chíes (voz) Susy Chíes é a voz feminina no grupo Océano. A ex Jerusalén afronta xa o seu terceiro ano na formación musical

    GRUPO OCÉANO 2012

    Pablo García - voz

    Susy Chíes - voz

    Alberto Cancela - guitarras e voz

    Fernando Vázquez - teclados e voz

    Ricardo Ferreira - baixo e voz

    Pablo Vázquez - batería

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook