Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Diciembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Hoxe si: música benéfica desde Negreira

    Orquesta Olympus 2012 - Festival benéfico - cartel 2

    Hoxe si, non haberá temporal que estrague toda unha celebración en Negreira. Hoxe si, os nenos do colexio O Coto terán o seu festival benéfico. A orquestra OLYMPUS e moitos artistas convidados ofrecerán a súa música como colofón a un día de actividades e festa. A gravación do vídeoclip Todos os nenos queremos la paz (15:00 horas) e a partir das 17:00 actuación de El Show de los Payasos son as actividades previas a un concerto que xuntará varios artistas do programa La Voz e Luar ademais da propia orquestra na que non faltará nin algún dos que xa non estará en 2013. Referímonos ao cantante Rodo Téllez, que non se quixo perder este acontecemento un ano máis.

    Tamén haberá un sorteo de múltiples regalos doados por casas comerciais e distintos colectivos para engalanar un evento que promete ser todo un éxito. Por só 5 € de entrada podes pasar unha boa tarde-noite en compaña da orquestra OLYMPUS e amigos, ademais de colaborar cunha boa causa.

    Hoxe si, non haberá maneira de acalar a marea musical benéfica desde Negreira.

    Toda a información nas páxinas web da orquestra e da axencia.

    www.orquestaolympus.net www.galiciaespectaculo.com

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook