Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Agosto
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Guísamo culmina o calendario festivo con orquestras e sardiñas

    Marbella 2013 - orquesta - cartelA orquestra Marbella cerrará o martes as festas de San Ramón en Guísamo, Bergondo. Polo campo da festa tamén pasarán Nova Imperial, Fania Blanco Show e El Combo Dominicano

    A localidade de Guísamo, en Bergondo, non para. Se a pasada fin de semana o campo da feira da pequena vila acollía o festival folk, referencia na área metropolitana coruñesa, esta semana tócalles ás festas de San Ramón. Catro días de celebración que comezan hoxe sábado e rematan o martes coa tradicional e concorrida sardiñada.

    A orquestra NOVA IMPERIAL será a encargada de amenizar a primeira xornada das festas. FANIA BLANCO SHOW actuará o domingo. Luns é a vez do swing de EL COMBO DOMINICANO, orquestra que está arrasando este verán en Galicia, e para rematar, o martes haberá actuación musical dunha orquestra ou grupo musical para a sardiñada. Xa pola noite, a última gran verbena estará amenizada pola orquestra pontevedresa MARBELLA, que xa non é a primeira vez que actúa en Guísamo.

    A localidade bergondesa volve a ser centro da diversión outra fin de semana.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook