Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Enero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Grupo Samba, 25 anos facendo boa festa

    grupo-samba-2010-cartel-promocional-25-anos

    Cartel promocional do grupo Samba 2010 no seu 25 aniversario. Podes clicar na imaxe para vela a maior tamaño

    O ano 2010 está marcado cunha cor diferente na axenda do grupo SAMBA. A formación musical pontevedresa cumpre 25 anos nos campos de festa galegos e hai que celebralo dalgunha maneira.

    Desde o grupo infórmannos sobre as novidades máis importantes que se levarán a cabo nesta nova temporada: a estrea dun novo escenario, novo equipo de luces e son e, como non, novo repertorio.

    En breve tamén poderemos visitar a nova páxina web do grupo, que se atopa nestes momentos en construción, e onde se nos irá informando puntualmente de todas as novidades para a nova temporada que o grupo xa empezou a ofrecer.

    SAMBA seguirá un ano máis liderado por unha das mellores voces do panorama galego orquestal: Estela Rodríguez; ademais, o grupo é consciente do éxito acadado na pasada temporada e que se reflicte no número de galas e festas contratadas xa para este próximo verán e que superan as 40. Sabedores deste éxito, os compoñentes do grupo están preparando concienzudamente o forte da temporada 2010 con moitas novidades e sorpresas que pouco a pouco iremos coñecendo. Polo de pronto novo escenario, novos equipos de iluminación e son e novo espectáculo... a mellor forma de fidelizar seguidores e de celebrar 25 anos ao pé do canón, labor nada fácil nos tempos que corren.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook