Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Grupo K bota a andar nunha macroverbena

    Grupo K 2013 - cartel Nace o grupo K, con música de verbena desde terras padronesas para toda Galicia

    Novo grupo para a verbena galega. Desde Padrón o grupo K bota a andar esta noite nunha macroverbena no concello de Boqueixón coa intención de facerse un oco neste cada vez máis difícil mundo da verbena.

    O grupo, composto por sete profesionais da música, ofrecerá o seu traballo esta noite en Sergude, arroupado por nada menos que tres orquestras coñecidas: SOLARA, ISRAEL e SUPERFAMA. A festa está asegurada esta noite en terras próximas a Compostela. Unha oportunidade de ver catro formacións musicais que levarán a festa ata altas horas da madrugada.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook