Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Grupo Atenas, 30 anos no palco

    Grupo Atenas 2014 - cartel A formación musical ATENAS SMALL BAND presenta nova imaxe para a temporada 2014 e ofrecerá a presentación de temporada nas festas da Pascua de Padrón

    Non é moi usual, por desgraza, celebrar 30 anos dunha formación musical de verbena. Cando isto ocorre normalmente falamos dunha grande orquestra, pero se a formación musical é pequena non é moi doado atopar exemplos disto. Por iso falar hoxe do 30 aniversario do grupo ATENAS é todo un acontecemento, porque o usual é que as pequenas formacións vaian evolucionando, transformándose, cambiando de nome...

    ATENAS SMALL BAND presenta a súa imaxe para 2014 con 30 anos de experiencia no seu currículo, unha formación musical que se soubo manter ao longo do tempo e que presenta o seu elenco para esta nova temporada:

    Cristina Couso (voz)

    Fran Sotelo (voz)

    Eduardo Rodríguez (voz)

    Iván Veiga (batería)

    Adrián (baixo)

    Ramón (guitarra)

    Jesús Fernández (teclados)

    O grupo ATENAS, propiedade de Pepe Veiga, María Suárez e Javier Blanco (ademais de seren os técnicos de iluminación e son), aposta un ano máis por un repertorio polivalente, de maneira que a festa se faga para todos os gustos e públicos, principal baza da formación musical. Ademais presentará nova decoración e montaxe no seu escenario, do que son responsables os seus montadores Fernando e Víctor, e apostará por unha maior presenza nas redes sociais (páxina de fans, facebook e twitter), responsabilidade do seu administrador de webs, márketing e publicidade Iago Torres.

    Fundado en 1984, ATENAS pasou a formar parte dez anos despois do catálogo da axencia de Espectáculos Lito e pouco a pouco foise posicionando nun posto destacado dos grupos verbeneiros e facéndose cun público incondicional. Proba diso é o nacemento do seu club de fans, do cal se pode formar parte enviando un email a atenasfans@gmail.com

    ATENAS presentará oficialmente a súa nova temporada nas festas da Pascua de Padrón o día 19 de abril (sábado, primeira noite de verbenas), coma quen di na casa, nunha das celebracións máis importantes da comarca padronesa, a primeira gran festa e feira de Galicia, e onde actúa case todos os anos.

    Desde festaafesta.tk queremos felicitar a ATENAS por estes 30 anos de boa música verbeneira e por todos os que aínda faltan por vir.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook