Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Grandes artistas e grandes orquestras para datas próximas

    Cerceda 2011 - Gala Cerceda contigo - cartelDavid Bisbal e de novo a orquestra Aché serán os protagonistas da gala Cerceda Contigo, no Aquapark  de Cerceda o día 11 de xuño

    Podemos adiantar algunhas das actuacións estelares que se darán nas próximas tres semanas por terras galegas. Os programas de moitas localidades vense reducidos en número de días, número de orquestras e calidade das formacións musicais na maioría dos casos. Aínda así a crise económica non arrasa con todo e, con grande esforzo, moitas comisións de festas e concellos presentan carteis realmente interesantes.

    Adiantamos aquí algunhas desas próximas actuacións:

    En SANTIAGO DE COMPOSTELA, nas festas da Ascensión (primeira semana de xuño) estarán artistas como CHENOA e orquestras como PHILADELPHIA, TANGO ou CICLÓN.

    Esa mesma fin de semana, na Feira do Viño de Barrantes, en RIBADUMIA, actuarán grupos e artistas como MELOCOS, K-NARIAS, TAMARA e orquestras como PARÍS DE NOIA, COSTA OESTE, SUPER COMBO, CHARLESTON BIG BAND ou PANORAMA.

    O sábado día 11 hai programado outro grande evento; esta vez en Cerceda, coa actuación nas instalacións do Aquapark de DAVID BISBAL e da orquestra ACHÉ. A formación musical de Vilanova de Arousa figura como unha das actuacións principais no San Xoán de Carballo.

    Tamén podemos adiantar que este ano as festas de Folgoso se abren coa actuación da orquestra PANORAMA, que xa as abrira en 2009. Nesa localidade do concello de Abegondo abren sempre as súas festas cunha das consideradas grandes orquestras do momento. Como vén sendo habitual, as festas celebraranse na terceira semana de xuño (17, 18 e 19).

    Para ir facendo os calendarios festeiros nada mellor que saber con antelación algunhas das grandes citas. Aquí quedan.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook