Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Gran Parada e Aché cerran a LI Festa da Lamprea de Arbo

    Arbo 2011 - Festa da Lamprea - cartelCartel promocional da Festa da Lamprea 2011, en Arbo

    Despois de dous días de festa, que comezaban o venres coa ARBOMOSTRA 2011, e un de verbena onte sábado a cargo das orquestras LOS TROVADORES e ABANICO, a localidade de Arbo cerra a súa festa gastronómica anual da lamprea, que este ano chegou á súa LI edición, da man de dúas grandes orquestras: GRAN PARADA e ACHÉ. As formacións orquestrais de Rianxo e Vilanova de Arousa, respectivamente, deixarán o listón ben alto e máis gana de festa para a próxima edición.

    A celebración da Festa da Lamprea logrou ao longo dos anos facerse un oco importante nas citas gastronómicas galegas; e a historia xa avala desde antigo unha celebración destas características.

    Aseguran os historiadores que xa en tempo da Roma Imperial os césares facían que se lles levase as lampreas vivas desde a zona de Arbo ata Italia, a continuación conservábanas en viveiros ata a súa preparación. Outra das súas peculiaridades é a forma artesanal en que se realiza a súa pesca na cal se utiliza a rede e as pesqueiras (construcións de pedra desde onde os pescadores usan a súa rede cónica), aínda que está confirmado que existen desde o século Xll, é posible que se remonten moito máis atrás. A razón de utilizar a rede cónica e non outra máis sinxela que para evitar a perda de sangue da lamprea na súa captura, e que desa forma non perda substancia.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook