Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Gran cartel para as festas de Canedo, en Lourenzá

    Grupo Ciclón 2012 - foto grupoO grupo Ciclón e a orquestra Palladiun dan o pistoletazo de saída ás festas de Canedo (Lourenzá) que se levan a cabo ata o próximo domingo

    Nada menos que catro días de festas nos que actuarán sete formacións musicais de primeira orde nas festas de Canedo en honor á Virxe da O. Hoxe é a primeira verbena a cargo do grupo CICLÓN e da orquestra PALLADIUM. A festa continua mañá a cargo doutras dúas non menos importantes orquestras, SINTONÍA DE VIGO e COSTA OESTE serán as encargadas de montar troula ata altas horas da madrugada despois da gran pulpada e churrascada que xa é un clásico en Canedo por estas datas.

    O terceiro día, sábado, chegará a Canedo o espectáculo da orquestra CHARLESTON BIG BAND e do grupo asturiano TEKILA, que cerrara en solitario as festas o domingo.

    Un potente cartel para os tempos que corren.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook