Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Galáns vístese de festa

    Vilagarcía de Arousa 2011 - Festas de San Martiño en Galáns - cartelCatro grandes orquestras para celebrar o San Martiño en Galáns (Vilagarcía de Arousa)

    E o San Martiño trae a festa, tamén, ata Vilagarcía de Arousa, concretamente a Galáns. A localidade xa comezou a celebración coa Festa da Xuventude e a música dunha discoteca móbil; pero non será ata hoxe sábado cando chegue a música de verbena a cargo de dúas grandes orquestras: PONTEVEDRA e JERUSALÉN amenizarán a primeira gran verbena.

    E outras dúas das grandes para o domingo. Para finalizar as festas de 2011 serán as orquestras ACHÉ e GRAN PARADA as responsables da fin de festa. Todas as orquestras que actuarán en Galáns están cerrando os últimos días de temporada polo que poucas oportunidades quedan de velas antes do novo tour que traerá novidades a todas elas. Polo menos en tres das catro formacións haberá cambios importantes no plantel de músicos. En PONTEVEDRA haberá certa renovación e unha nova voz feminina a maiores. En ACHÉ agárdanse cambios importantes nos músicos e a JERUSALÉN traerá as novas incorporacións ademais dun renovado espectáculo e repertorio para celebrar os dez anos de vida enriba do escenario. A xira De tú a tú está chegando ao final e pronto estaremos ante a nova temporada das orquestras; e é que o San Martiño anuncia as últimas celebracións do ano.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook