Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Galilea e Costa Oeste cerran en Cacheiras

    Teo 2011 - Festas de San Simón en Cacheiras - cartelCada vez que paso por Cacheiras (Teo) éntrame unha gana de tortilla que é preciso parar o coche, en caso de ir con tempo, cousa difícil, nun local famoso por ofrecer ese produto como case que en ningún sitio. Pero desta volta a parada sería forzosa para poder ver a algunhas das orquestras que ofrecen esta temporada un repertorio de calidade, unha presentación máis ou menos coidada sen grandes postas en escena e montaxes e que, ademais, fan bailar, e moito. Refírome ás formacións musicais que compoñen este ano o cartel das festas da localidade: ARMONÍA SHOW e ACHÉ (que abrían as celebracións), CINEMA e a coruñesa FOLIADA (que estarán actuando nestes momentos) e GALILEA desde A Estrada e os integrantes de COSTA OESTE liderados por Javier Comesaña, que serán os encargados de poñer o broche das festas na última verbena.

    Por unha vez hai unha razón poderosa que faría que parase o coche fóra da xa comentada e usual razón culinaria, aínda que o olor a tortilla me acabaría vencendo...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook