Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Enero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fátima Pego, da orquestra Palladium, hoxe na TVG

    Orquesta Palladium - 2010 - 019 - VilalongaFátima Pego, unha das vocalistas de Palladium, esta tarde no programa A Solaina da TVG / © Foto: roxegar 2010

    O programa da tarde na Galega segue ofrecéndonos entrevistas aos compoñentes das orquestras. Esta vez pasa polo plató da Solaina a vocalista da orquestra PALLADIUM Fátima Pego que de seguro falará sobre as novas propostas que traerá a formación musical de cara á nova temporada que xa empezou.

    Polo plató da Solaina seguen pasando coñecidos compoñentes das orquestras galegas máis coñecidas como PARÍS DE NOIA, PANORAMA, LOS SATÉLITES, POCEIRO, MARBELLA, etc... O programa das tardes da Galega lévase a cabo nun plato de 150 metros cadrados en San Marcos cun decorado innovador concibido pola coñecida deseñadora galega Marta Villar.

    Hoxe a verbena na Solaina leva nome propio: PALLADIUM. A partir das 17.00 horas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook