Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Diciembre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fran Vázquez, de Alcotán a Amistad de Vigo

    grupo-amistad-de-vigo-2011-foto-fran-vazquezFran Vázquez incorpórase á dianteira do grupo Amistad de Vigo

    Non hai moito tempo informabamos en Festa a Festa da marcha do carismático Fran Vázquez do grupo ALCOTÁN. Xunto con outros músicos, a maioría deles ex instrumentistas de orquestras e formacións verbeneiras, Fran presenta un novo grupo que pouco ou nada ten que ver coas bandas que amenizan as nosas festas. Hai unhas semanas nacía un novo proxecto: LOS CACIKES, pero resistíamonos a non ver a Fran Vázquez subido ao escenario dun grupo ou orquestra en 2011.

    E como non estaba descartado, ao final Fran estará na dianteira dun grupo musical verbeneiro, e dos de toda a vida, coma quen di. Nada máis e nada menos que será o novo vocalista do grupo AMISTAD de Vigo que en 2011 cumprirá 35 anos de existencia.

    E 35 anos amenizando verbenas é un dato respectable; moi poucos chegan aí. E o aniversario de AMISTAD coincidirá cunha etapa de novas espectativas: despois da incorporación en 2010 de Natalia Silva (un dos cambios máis importantes dos últimos tempos pois a asturiana é a primeira vocalista feminina na historia de AMISTAD), o cambio de rexistro e de imaxe abre un novo camiño.

    E para iso o grupo pon na dianteira a dous artistas con forza, estilo propio e unha personalidade moi marcada que non deixarán indiferente a ninguén. Quizais sexa a mellor forma de celebrar os 35 anos de vida amenizando as festas por todos os recunchos de Galicia.

    grupo-amistad-de-vigo-2011-foto-natalia-silva

    Natalia Silva continúa en Amistad 2011 como vocalista

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook