Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Enero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Foliada quenta motores en xaneiro

    orquesta-foliada-2010-datas-xaneiro

    A orquestra coruñesa FOLIADA, que en 2010 cumpre 30 anos de existencia, disponse a ofrecer as primeiras actuacións do ano, que culminarán no verán cunha ampla xira pola nosa terra e as comunidades veciñas. Despois de comezar o ano con verbenas en Ponte do Porto (Camariñas) ou Loiba (Ortigueira) e fóra das nosas fronteiras en Bembibre (León), a orquestra prosegue co seu calendario para este mes de xaneiro con actuacións en salas pero tamén en campos de festa. A climatoloxía xa non é impedimento para celebrar festas ao aire libre grazas ás carpas con calefacción, feito que fai que algunhas destas tradicionais celebracións perdidas nos últimos anos se estean a recuperar sempre que a crise, por outra banda, o permita.

    Ofrecemos as próximas actuacións de FOLIADA para as vindeiras semanas:

    DÍA 16 (SA)  LA FLOR DE MONTOUTO, ABEGONDO DÍA 23 (SA)  BARAZÓN, SANTISO DÍA 24 (DO) RÁBADE, LUGO DÍA 30 (SA)  PENDENTE DE CONFIRMAR

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook