Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Foliada presenta o cartel da temporada 2010

    orquesta-foliada-2010-cartel

    Nova imaxe da orquestra coruñesa Foliada para a temporada 2010. Podes clicar no cartel para velo a maior tamaño

    A orquestra coruñesa FOLIADA acaba de presentar a súa nova imaxe para esta temporada. Un cartel que conserva o logotipo característico da formación musical e no que músicos e cantantes aparecen en primeiro plano.

    En primeiro termo e a gran tamaño posan os tres vocalistas: Raúl e Bea, que repiten, e Álex Camacho, a nova incorporación en substitución de José Luís. Pola súa banda, un pouco máis retirados pero no mesmo plano, o resto de compoñentes. No cadro de músicos hai un único cambio: o trompetista Javier, procedente da orquestra ALARMA.

    FOLIADA continuará, un ano máis e xa van trinta, a ofrecer boa música e facer boa festa. No ano do 30 Aniversario de seguro que haberá sorpresas e moitas noites para bailar e pasalo ben. O repertorio variado da orquestra, no que prevalece a música de baile e verbena, fai que a orquestra sempre quede ben alá onde vaia. Por iso leva tres décadas amenizando as nosas festas... e as que quedan.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook