Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Filloas e música de primeira en Lestedo

    Boqueixón 2012- Festa da Filloa de Lestedo - cartel Sempre con carteis de gran calidade, este ano non podía ser menos, e aínda que hai cambio de axencia, as dúas formacións musicais son ben coñecidas por todos: o grupo AMÉRICA, desde Vigo, e a orquestra LEDICIA ESPECTÁCULO, desde Ourense, (esta en sesión vermú e tarde), amenizarán unha nova edición da Festa da Filloa a só quince quilómetros de Santiago.

    A parroquia de Santa María de Lestedo, en Boqueixón, celebrará un ano máis a súa popular Festa da Filloa, que chega este ano á edición número 29. A festa estará amenizada, ademais de polas dúas nomeadas orquestras, polas actuacións de grupos como A Requinta de Xián, O Recobio de Vaamonde, Os ke hai ou a charanga TNT entre outros.

    A partir das 17.00 horas terá lugar o desfile do Gran Alto de Xenerais do Ulla e ás 18.00 horas dará comezo a verbena.

    Verbena e filloas, en todas sus variedades: con mel, soas o incluso envolvendo un chourizo. Festa gastronómica de calidade con propostas musicais de primeira liña, como cada ano por estas datas en Lestedo (Boqueixón).

    E pouco falta para unha nova cita da Festa da Xuventude, pero iso será en breve. De momento imos rematar o Entroido…

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook