Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Febrero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Filloas e boa música en Lestedo

    orquesta-ache-2010-cartel

    As orquestras Aché e Olympus actuarán na xornada do domingo en pases de mediodía e tarde na XXVII edición da Festa da Filloa de Lestedo, Boqueixón

    Chega nunhas horas a cita festeira e gastronómica por excelencia este mes en Boqueixón, concello próximo á capital galega. Concretamente en Lestedo, a xornada dominical estará marcada pola tradición gastronómica e a música de verbena a cargo das orquestras ACHÉ e OLYMPUS.

    A de Lestedo é unha cita que exalta un dos produtos máis típicos destas datas en Galicia: a filloa. Xa está todo preparado para acoller a gran xornada festiva que será a número 27 e está xa moi consolidada non só no concello senón en toda a comarca. A partir das once da mañá comezan os actos programados coa música de cinco charangas: O Recobio, Os gaiteiros do Pedroso, Os que hai, A requinta de Xián e Charanga.es, que amenizarán coa súa música durante todo o día.

    Ás 13.30 horas será o pregón, a cargo de María Mera, actriz galega moi coñecida (Matalobos) e veciña do municipio de Boqueixón. Tamén haberá "loitas dialécticas" da man de catro parellas de xenerais que serán os protagonistas dos tradicionais atranques.

    E a música de verbena comezará ás 14:00 horas e prolongarase ata a noite, da man de dúas orquestras da axencia de espectáculos Lito: OLYMPUS e ACHÉ. A primeira acaba de presentar novo disco, O final do camiño, e a segunda prosegue coa súa nova xira Celebra la vida, na que pouco a pouco se van presentando as novidades ata conformar o que será o espectáculo do próximo verán. En Lestedo comezará ACHÉ e proseguirá OLYMPUS en dous pases cada unha delas.

    A vindeira cita festeira en Boqueixón será a finais do mes de marzo coa Festa da Mocidade, pero de momento imos gozar da XXVII edición da Festa da Filloa.

    orquesta-olympus-2010-cartelOlympus repetirá en marzo no concello de Boqueixón na Festa da Mocidade con outras dúas orquestras

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook