Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festas grandes para lugares pequenos

    Pontedeva 2011 - Festas da Madalena en Freáns - cartelGrandes festas para unha aldea de 130 habitantes

    Ser unha aldea de 130 habitantes non é problema para poder ofrecer unhas grandes festas aínda que o esforzo si que ten que ser dobrado. Isto é o que acontece nunha pequena localidade de Freáns, Pontedeva, onde o esforzo e traballo dos veciños permitiu un cartel festeiro equiparable ao de calquera localidade de máis envergadura.

    Nesta aldea ourensá poden presumir de ter unhas festas de primeira: LIMÓN, SUPER COMBO e PALLADIUM, nomes todos eles ben coñecidos na gran parte de Galicia. Quizais PALLADIUM nesta zona sexa a menos coñecida, xa que SUPER COMBO é unha orquestra ourensá que traballa moito por toda a provincia.O caso é que os veciños de Freáns non van quedar defraudados pola actuación da orquestra de Vilalonga, que nos últimos anos está vindo a máis, se cabe, grazas ao traballo constante dos seus compoñentes.

    Despois de traballar todo o ano agora toca gozar do esforzo, e máis nestes tempos de crise, que hai que facer para sacar adiante unhas boas festas.

    Orquesta Palladium - 2010 - 048 - Vilalonga

    A orquestra Palladium estréase por terras de Pontedeva (Freáns - Ourense)

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook