Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festas da Xuventude para escoller

    a-peroxa-festa-da-xuventude-2010-cartel

    Entre as citas festeiras que teñen lugar esta fin de semana destacan as celebracións denominadas Festa da Xuventude. Este invento que alguén lanzou xa hai uns anos e que serve para promocionar as orquestras e os lugares fóra da súa festa tradicional do verán, reprodúcese con forza cada ano que pasa. Cada vez son máis e máis os sitios onde hai unha Festa da Xuventude e moi poucos os que a deixan de organizar.

    Nesta fin de semana conflúen varias destas festas. En Aciveiro, Aguiño ou A Peroxa estréanse; en Tordoia, por exemplo, xa van pola IV edición.

    Presentamos todas as Festas da Xuventude das que temos constancia para estes días. De seguro que ha de haber máis. Cada unha que vaia aparecendo incluirémola no apartado Calendario de Festa a Festa.

    Abanqueiro - Exipto (Boiro - A Coruña): II Festa da Xuventude o sábado 17 coas orquestras COSTA OESTE, OLYMPUS e PANORAMA.

    Aciveiro (Forcarei - Pontevedra): I Festa da Xuventude o sábado 17 coa orquestra VERSALLES e o grupo TRIUNFO.

    Aguiño (Ribeira - A Coruña): I Festa da Xuventude o venres 16 coas orquestras PARÍS DE NOIA e PANORAMA. Degustación de paella de marisco.

    A Peroxa (Ourense): I Festa da Xuventude o sábado 17 cos grupos D'MODA e ALCOTÁN.

    Santa María de Vigo (Cambre - A Coruña): II Festa da Xuventude o venres 16. Gran churrascada e actuación do grupo CICLÓN e a orquestra ACHÉ.

    Tordoia (A Coruña): IV Festa da Xuventude o venres 16. Gran churrascada e actuación das orquestras OLYMPUS e SUAVECITO.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook